5 poemas de Estíbaliz Espinosa Río
RECOLLIDO NO CALENDARIO DE CEOS GALEGOS 2025
NOVEMBRO 2025
Nun capítulo da galaxia teñen que falar as
flores.
Tanto como levan caladas, sosténdolle o ollar
ao cosmos.
«Nin santolinas por santas nin herba da loba
por lobas» dirán,
as moi asteráceas.
E dirán fotón, endemismo da lingua dirán,
materia escura cheíña de pole
até o ceo
da mesma boca.
*
En un capítulo de la galaxia tienen que hablar
las flores.
Tanto como llevan calladas, sosteniendo la
mirada al cosmos.
«Ni santolinas por santas ni herba da loba
por lobas» dirán,
las muy asteráceas.
Y dirán fotón, endemismo de lengua, dirán,
materia oscura toda llena de polen
hasta el cielo
de la misma boca.
DA ANTIMATERIA Á MATERIA
De …as neuronas irmás… (2018)
Se os soños nocturnos teñen unha función
semellante aos diúrnos,
daquela serven en parte para preparar aos
humanos para calquera posibilidade
Ludwing Wittgenstein
Sempre que soño con ela, a miña amiga S.
pregúntame se saía guapa no soño.
No desta noite saías ti.
E debo dicir que estabas radiante: o xersei azul
mariño
por riba do corazón máis grande, cun microchip
de tristeza.
E os vaqueiros de sempre.
A túa humildade de cotío, a coxeira interestelar
entre
a túa cabeza chea de Becketts sobre un fémur
roto que nunca che doía.
Cores ao pastel marca Rembrandt nunha caixa
de madeira
tan ás escuras como neuronas humanas.
Así a túa depresión: un cornizó ancestral que só
se dá no talento
mesmo no que non se atreve a darse.
Déchesmo todo.
Sorrías.
E sorríasme a min.
Un sorriso cómplice.
«Eh, Esti, non quero que me lembres alí.
Xa sabes onde. Onde non podía verte.»
Apareciches como un meteoro desas noites de
observación no monte.
Con cara de ter durmido ben
dicíndome ola coa man…
Grazas, subconsciente
hipófise, euqueseioqué
por terche traído sen pensalo á vida.
Grazas, materia gris ou materia escura
por terche devolto da antimateria
ao soño.
Porque claro que fun abrazarte.
A fase REM trataba doutra cousa
pero ocupáchela ti, ti por enteiro.
Esquecín de que raio ía e fun abrazarte.
E estabas vivo e quente coma o núcleo dunha
célula.
Xa nunca máis malentendido, nin sequera
malogrado.
Só perplexo e cheo de soños
na túa cabeza algo desproporcionada
irmá da miña e cos complexos
que sigo a me arrincar do ADN.
Seres introvertidos de libro
[pero ti pasaches por desquiciado no medievo da
neurociencia].
[aquí vai unha frase da que non son quen] [a
miña rabia vai sen neurolépticos]
[aquí está o teu corazón xigante a me bombear:
Segue, María, segue lendo]
E aprendéchesme de novo a ler.
Séguese aprendendo a ler, a desler
toda esta vida.
E máis aló da despedida abrázoche co abrazo que
non foi.
[No soño non sei se saímos guapos.
Pero mira como será que
che sigo a falar máis aló da súa lóxica.
O soño acabou hai horas.
Cariño. Algo fixemos ben.]
de …as neuronas irmás…, 2017
*
DE LA ANTIMATERIA A LA MATERIA
Si los sueños nocturnos tienen una función
semejante a los diurnos, entonces sirven en parte
para preparar a los humanos para cualquier
posibilidad
Ludwig Wittgenstein
Siempre que sueño con ella, mi amiga S. me
pregunta si salía guapa en el sueño.
En el de esta noche salías tú.
Y debo decir que estabas radiante:
el jersey azul marino por encima del corazón más
grande,
con un microchip de tristeza. Y los vaqueros de
siempre.
Tu cotidiana ternura, la cojera interestelar entre
tu cabeza llena de Becketts sobre un fémur roto
que nunca te dolía.
Colores al pastel marca Rembrandt en una caja
de madera
tan a oscuras como neuronas humanas.
Así tu depresión: un cornezuelo ancestral
que sólo se da en el talento, hasta en el que no se
atreve a darse.
Me lo diste todo.
Sonreías.
Y me sonreías a mí.
Una sonrisa cómplice.
«Eh, Esti, no quiero que me recuerdes allí.
Ya sabes dónde. Donde no podía verte.»
Apareciste como un meteoro de esas noches de
observación en el monte.
Con cara de haber dormido bien
diciéndome hola con la mano…
Gracias, subconsciente
hipófisis, yoquéséqué
por haberte traído sin pensarlo
a la vida.
Gracias, materia gris o materia oscura,
por haberte devuelto de la antimateria
al sueño.
Porque claro que fui a abrazarte.
La fase REM trataba de otra cosa pero la
ocupaste tú,
tú por entero.
Olvidé de qué rayos iba y fui a abrazarte.
Y estabas vivo y caliente como el núcleo de una
célula.
Ya nunca más malentendido, ni siquiera
malogrado.
Solo perplejo y lleno de sueños
en tu cabeza algo desproporcionada
hermana de la mía y con complejos
que barro aún del ADN.
Seres introvertidos de libro
[pero tú pasaste por desquiciado en el medievo
de la neurociencia]
[aquí va un verso del que no me veo capaz] [mi
rabia va sin neurolépticos]
[aquí tu corazón gigante bombéandome: Sigue,
María, sigue leyendo]
Y me enseñaste de nuevo a leer.
Se sigue aprendiendo a leer, a desleer
toda esta vida.
Y más allá de la despedida
te abrazo con el abrazo que no fue.
[En el sueño no sé si salimos guapos. Pero mira
cómo será
que te sigo hablando más allá de su lógica.
El sueño acabó hace horas.
Cariño. Algo hemos hecho bien.]
de …as neuronas irmás…, 2017
[in vivo ]
texto para placas Petri do laboratorio de J.
I
a placa évos redonda coma un nobelo
transmite
transmuta
un fío de xeneración en rexeneración
[…] cos característicos cristais en forma de agulla,
presentando a típica morfoloxía «coliflor». Esta
morfoloxía é indicativa do carácter biactivo destes
materiais e a súa posible aplicación na enxeñería
dos tecidos óseos […]*
filla de costureira
debaixo un botón tón tón
brota un tecido louco por estarche vivo
crisálida erecta de crista de galo
arquitectura en hidroxel
para o xeonllo da túa avoa que cae a terra e pide
por favor
ser máis avoa
ser aínda polea
gancho entre terra e ceo
un pouco máis pide
por favor
O grupo de condrocitos e a súa matriz forman un
territorio cartilaxinoso […]
a placa é redonda coma un cu
un pezón que aleita
célula madre- [- selva, -perla]
con leite de condrocitos para
millóns de cartilaxes futuras
xelatinas de cóbado
remolachas de ombro
xeonllos que caen a terra e piden
por favor
se alzar un pouco máis
{un case nada máis}
coserse unha aresta máis ao ceo
fillos de sutura
entre dous abismos cun aquel de cicatriz
Chondrocytes present a rounded morphology and
have a defined pericellular matrix containing
collagen II fibrils and abundant collagen type VI
and proteoglycans
oh, células madreña
oh, matriz de sofraxe
oh, perna entre perna
bastarda dunha cartilaxe en flor
polo poder do polímero eu dígovos, ai, a febre
de saltar un pouco máis
por favor
por fervor
por qué non
fillos de costureira
durmidos no oco de xeonllo da avoa
un berce ancestral
baixo a enxeñería en tons flúor
do laboratorio in vivo do cosmos
Este traballo de investigación baséase na
produción e caracterización de sistemas
intelixentes implantables.
querida placa de Petri
por qué non
II
Collagens are the most abundant proteins in the
mammals
as constelacións péganse con coláxeno de xeonllo
ao noso cranio
rotan desde alí
ao ritmo dunha espiral hormonada, coma se
Fibonacci
nos patease os seus números a gritos
ou un factor de crecemento ou euquései os
nomes
dos fillos que nunca terás del
{de qué el?}
feitos do seu xeonllo aparafusado no chan.
A hedra rube por ese xeonllo roto
{a que vén isto?}
hedra para un poema que de súpeto
fala do que non debe
e se
o que non se le non existe
existimos na medida que lemos
que escribimos o qué
e esa medida expande como tecido spandex de
avoa
posto a secar na trandeira de orella a orella
e algunha vez seredes avoas, todos levamos unha
dentro
pequeniña e miope
avoas en terra
pedindo un pouco máis, un algo máis de
membrana rebentada
virando coma iris en transo sobre o microscopio
redondas
redondísmas
redón de dón de onde
velaí a súa marca
a marca
dun só xeonllo na praia cara o infinito
A Enxeñería de Tecidos (IT) e a Reparación
Direccional de Tecidos son áreas
científicas en desenvolvementos avanzados, que
pretenden ofrecer solucións primordiais na
reparación e substitución parcial ou total de tecidos
e órganos seriamente danados ou disfuncionais
aparafusados á Terra tanto
como ao signo ou divisa celular do infinito
querida placa de Petri:
ficando
*Parágrafos en cursiva extraídos de Smart systems
for tissue engineering: combining natural and
synthetic origin polymers, tese doutoral de Joana Magalhães
publicado en blog de Estíbaliz Espinosa,
2013
*
[in vivo]
texto para placas Petri del laboratorio de J.
I
la placa es redonda como un ovillo
transmite
transmuta
un hilo de generación en regeneración
[…] con los característicos cristales en
forma de aguja, presentando la
típica morfología «coliflor». Esta
morfología es indicativa del carácter
bioactivo de estos materiales y su
posible aplicación en la ingeniería de
los tejidos óseos […]
hija de costurera
debajo un botón tón tón
brota un tejido loco por estar vivo
crisálida erecta de cresta de gallo
arquitectura en hidrogel
para la rodilla de tu abuela
que cae a tierra y pide por favor ser más abuela
ser aún
polea gancho entre tierra y cielo un poco más
pide por favor
El grupo de condrocitos y su matriz
forman un territorio cartilaginoso
[…]
la placa es redonda
como un culo
un pezón que amamanta
célula madre- [- selva, -perla] con leche de
condrocitos
para millones de cartílagos
futuras gelatinas de codo
remolachas de hombro
rodillas que caen a tierra y piden por favor alzarse
un poco más {un casi nada más} coserse una
arista más al cielo hijos de sutura entre dos
abismos con un aire de cicatriz
Chondrocytes present a rounded
morphology and have a defined
pericellular matrix containing
collagen II fibrils and abundant
collagen type VI and proteoglycans
oh, células madreña
oh, matriz de corva
oh, pierna entre pierna
bastarda de un cartílago en flor
por el poder del polímero yo os digo, ay, la fiebre
de saltar un poco más por favor por fervor por
qué no
hijos de costureras
dormidos en el hueco de rodilla de abuela
una cuna ancestral
bajo la ingeniería en tonos flúor del laboratorio
in vivo del cosmos
Este trabajo de investigación se basa
en la producción y caracterización de
sistemas inteligentes implantables.
querida placa de Petri
por qué no
II
Collagens are the most abundant
proteins in the mammals
las constelaciones se nos pegan con colágeno de
rodilla
al cráneo
rotan desde allí
al ritmo de una espiral hormonada, como si
Fibonacci
nos patease sus números a gritos
o un factor de crecimiento
o yosquésé los nombres de los hijos que nunca
tendrás de él {¿de qué él?}
hechos de su rodilla atornillada al suelo.
La hiedra trepa por ese roto
{¿a qué viene esto?}
hiedra para un poema que de pronto habla de lo
que no debe y se
lo que no se lee no existe
existimos en la medida que leemos
que escribimos el qué
y esa medida se expande como tejido spandex de
abuela
puesto a secar en el tendal de oreja a oreja
y alguna vez seréis abuelas,
todos llevamos una dentro
pequeñita y miope
abuelas en tierra
pidiendo un poco más, un algo más de
membrana reventada
girando como iris en trance sobre el microscopio
redondas
redondísimas
redón de don de dónde
he ahí su marca
la marca de una sola rodilla
en la playa hacia el infinito
La Ingeniería de Tejidos (IT) y la
Reparación Direccional de Tejidos
son áreas científicas en desarrollos
avanzados, que pretenden ofrecer
soluciones primordiales en la
reparación y sustitución parcial o
total de tejidos y órganos seriamente
dañados o disfuncionales
atornillados a la Tierra tanto
como al signo o divisa celular del infinito
querida placa de Petri:
permaneciendo
*Textos en cursiva extraídos de Smart systems for
tissue engineering: combining natural and
synthetic origin polymers, tesis doctoral de Joana Magalhães
publicado en blog de Estíbaliz Espinosa,
2013
CRUZO UN HOME QUE
para un calquera
HAI UN HOME apoiado na esquina desta
frase, xusto
nesta esquina
que acabas de dobrar para miralo.
Recoñécelo?
É alto. Son máis grandes que as túas, as súas
mans,
con máis pelo.
As súas mamilas tenras non dan leite.
A súa noz, ninguén a abre.
O seu corazón bate nos silenzos do teu.
Aquí-dum.
E aquí-dum.
Malia que non o sabe, o seu atractivo é un
abismo.
Fina, a liña da boca.
A almofada das súas coxas,
os seus tendóns nos enraman.
Aínda que non o sabe
e só a nosoutras atribúe o grácil.
Equivocadamente. O grácil.
Nesta época séntese algo perdido. Ódianos.
Adóranos.
Cre que se nos di que somos máis astutas
caeranos mellor
concederémoslle un posto político
a carón do noso cepillo de dentes.
Será que rimos del, pero se olla para nós serio
en fite
desde un mozo que cruza a rúa
ou un home xa maior un pouco só,
tragamos saliva e apertamos o paso
radioactivadas de amor
comprensión
noxo
ou desexo.
Como fillo como pai
como irmán
como viúvo incapaz de facerse fronte
é quen sempre imaxinaron puíndo a roda
pintando altamiradas
co ollo no telescopio
a piques de dar coa ecuación definitiva
programa que che desprograma.
E aínda que todo iso non fose así exactamente
ocupou o centro da esfera de Vitruvio
tanto tempo
coas súas omoplatas platónicas
a peluxe do embigo
a súa voz amplificada polo tórax
esa preguiza ao barbearse.
O da xenitalidade evidente
que non dubida en amosarnos como pode
o escravo de si mesmo e da nosa cadeiridade
rotunda
o que agora se proba o sostén da nai
o que naceu muller
o que fala da guerra cando xa non fai a guerra
o que fala de amor cando só fai a guerra.
Ocupou o centro desa esfera tanto tempo.
Fica fóra cando damos a luz.
Sacode a cabeza ante unha morea de compresas.
Engreído. Destrutivo. Picaflor.
Válelle todo.
Non hai criaturas máis distintas
que dous homes ombro con ombro na cadea:
o que violou á filla
talvez entende ao que matou por ela
e no comedor sentan xuntos.
Atribúese o universo, a razón e o xenio.
Calquera senra que se atope entre o sol
e o infinito.
Aínda que tan vasto reino non lle impida
sentirse algo culpable cando pensa noutra.
Noutro.
E é que.
De verdade quere axudar coas papillas.
Pero os seus portazos críspannos.
As súas mans.
En todas deixaron algunha marca.
Nesa pel nosa que tantos poemas tensou
dunha esquina a outra do planeta.
Suponse que inventou o cero e o revólver.
Aínda que isto non sexa exactamente así.
Gústalle vernos de xeonllos
de poutelas
fregando o chan.
Ou vaporosas levitando unha raiola
sobre o mundo.
Chámanos vitimistas para darnos pena.
Ri dos libros que escribimos
as teorías que formulamos
o noso estilo ao aparcar.
Paternal, sinala: “iso si vén sendo
un fóra de xogo”.
O noso XX palpebrexa.
O seu XY de coiro cheira a cervexa.
É o seu Y o que non encaixa
no crebacabezas celular.
Amamos ese Y, preguntámonos
que é pensar nel todo o tempo.
En xeral, teñen unha lea connosco
non menor cá nosa persoal lea con eles.
Triunfantes. Bigotudos. Pés grandes.
Impacientes. Zoupóns. Incribles.
Disparando ao corazón da mazá sen nos ferir.
Regresando nas astronaves do exilio por
nosoutras.
Gardando un papel sucio no peto
coa súa suor de hormonas fluorescentes.
Mentireiros.
Deliciosos.
Enxeñosamente estériles.E
obstinados en me ollar cos seus
grandes ollos fixos
desde a esquina desa frase
que xa hai ben tempo dobrei
e á que regreso
por se volvo velo apoiado un só instante.
Por se volvo velo.
Publicado no blog …mmmm…, setembro
2010
*
CRUZO UN TIPO QUE
para uno cualquiera
HAY UN HOMBRE apoyado en la esquina
de esta frase,
justo en esta esquina que acabas de doblar
para mirarlo.
¿Lo reconoces? Es alto.
Son más grandes que las tuyas, sus manos
con más pelo.
Sus pezones tiernos no dan leche.
Su nuez, nadie la abre.
Su corazón late en los silencios del tuyo.
Aquí-dum.
Y aquí-dum.
Aunque no lo sabe, su atractivo es un abismo.
Fina, la línea de la boca.
La almohada de sus muslos,
sus tendones nos enraman.
Aunque no lo sabe y sólo a nosotras nos
atribuye lo grácil.
Equivocadamente. Lo grácil.
En esta época se siente algo perdido.
Nos odia. Nos adora.
Cree que si nos dice que somos más astutas
nos caerá mejor,
le concederemos un puesto político junto a
nuestro cepillo de dientes.
Será que nos reímos de él, pero si nos mira
serio
desde un joven que cruza la calle
o un hombre ya mayor un poco solo,
tragamos saliva y apretamos el paso
radiactivas de amor
comprensión
asco o deseo.
Como hijo como padre como hermano
como viudo incapaz de salir adelante
es a quien siempre imaginaron puliendo la
rueda
pintando altamiradas
con el ojo en el telescopio.
A punto de dar con la ecuación definitiva
programa que te desprograma.
Y aunque todo eso no fuese así exactamente
ocupó el centro de la esfera de Vitruvio tanto
tiempo
con sus omóplatos platónicos
la pelusa del ombligo
su voz amplificada por el tórax
esa pereza al afeitarse.
El de la genitalidad evidente
que no duda en mostrarnos como puede
el esclavo de sí mismo y de nuestra caderidad
rotunda
el que ahora se prueba el sostén de su madre
el que nació mujer
el que habla de la guerra cuando ya no hace la
guerra
el que habla de amor cuando solo hace la
guerra.
Ocupó el centro de esa esfera tanto tiempo.
Se queda fuera cuando damos a luz.
Sacude la cabeza ante un montón de
compresas.
Engreído. Destructivo. Picaflor.
Le vale todo.
No hay criaturas más distintas que dos
hombres
hombro con hombro en la cárcel:
el que violó a la hija tal vez entiende
al que mató por ella
y en el comedor se sientan juntos.
Se atribuye el universo, la razón y el genio.
Cualquier huerto que se encuentre entre el
Sol y el infinito.
Aunque tan vasto reino no le impida sentirse
algo culpable
cuando piensa en otra. En otro.
Y es que. De verdad quiere ayudar con las
papillas.
Pero sus portazos nos crispan.
Sus manos. En todas dejaron alguna marca.
En esa piel nuestra que tantos poemas tensó
de una esquina a otra del planeta.
Se supone que inventó el cero y el revólver.
Aunque esto no sea exactamente así.
Le gusta vernos de rodillas a gatas fregando el
suelo.
O vaporosas
levitando un rayo de luz sobre el mundo.
Nos llama victimistas para darnos pena.
Se ríe de los libros que escribimos
las teorías que formulamos
nuestro estilo al aparcar.
Paternalmente, señala:
“eso sí viene siendo un fuera de juego”.
Nuestro XX parpadea,
su XY de cuero apesta a cerveza.
Es su Y lo que no encaja en el rompecabezas
celular.
Amamos ese Y, nos preguntamos
qué es pensar en él todo este tiempo.
En general, tienen un lío con nosotras
no menor que nuestro personal lío con ellos.
Triunfantes. Bigotudos. Pies grandes.
Impacientes. Torpes. Increíbles.
Disparando al corazón de la manzana sin
herirnos.
Regresando en las naves espaciales del exilio
por nosotras.
Guardando un papel sucio en el bolsillo
con su sudor de hormonas fluorescentes.
Mentirosos. Deliciosos. Ingeniosamente
estériles. Y.
Obstinados en mirarme con sus grandes ojos
fijos
desde la esquina de esta frase que ya hace
tiempo doblé
y a la que regreso
por si vuelvo a verlo apoyado un solo
instante.
Por si vuelvo a verlo.
Publicado no blog …mmmm…, setembro
2010
| REA|
Comparezo ante o tribunal de escritoras.
Benqueridas Safo e Virxinia, adorada Sei
Shonagon
penetrante Simone, non me esquezo, nin de
Margaret
nin de Marguerite.
María Xosé chega puntual á cita e toma asento,
entre Luísa
-quería volverte ver, perdoa-
e Rosalía. Clarice fuma o noso silencio.
Fleur dedícase a ser elegante como puñal en pel
volta.
Sor Juana Inés sorbe o tequila
e acena: compréndote.
Comprendédesme?
Si, comprendémoste.
Tivestes fillos? Levastes unha casa
unha tradición, un ecosistema
unha ciencia ou unha esteatopixia
sobre as vosas costas axitadas de plumas e escotes
de anxo?
Algunhas levamos, si. Outras non levamos, non.
Somos irmás, logo?
Somos.
Non me mintades. Admírovos.
Ninguén te acusa entre nós. Para que nos convocas
logo?
Acúsome de vivir viviseccionada
de non poder escribir o que e canto desexaría
por sobredose de carencias.
Acúsome de non parir aínda a gran novela que
prometía aos 12
senón un fillo, algo que, segundo Jelinek
impide ás mulleres alcanzar o estatus de
verdadeiras artistas.
Acúsome de pertencer á vosa estirpe
e de terme separado de vós,
da esfera redonda da vosa concentración,
para mesturar mondas de patacas con teorías de
redes
enerxía escura do cosmos profundo cunha
superficial vida de provincias
a vergoña moral de Guantánamo coa emoción
barata
de escoitar perorar o meu meniño.
Acúsome de non me rapar a cabeza
de non vender as ideas orixinais [entre 0 e 1] ao
mellor postor.
De depender dos mass media para traspasar o
tempo.
Non vivín entre caníbales, Margaret.
Non me arrastrei polo vodevil parisiense,
Colette.
Nin cambiei de xénero, Elisa.
E no fondo podería casar contigo, Ada Lovelace,
Beatriz Preciado, Chantal Maillard.
No fondo, puiden abortar cando así o quixen.
E reivindiqueino co puño en alto e unha matriz
de uranio empobrecido.
Sobrevoo a vida e aquí me atopo:
escribo só grazas a que a miña nai lle le un conto
ao meu fillo
le ao meu fillo baixo a galaxia Andrómeda
que nos devorará, seica,
e xuntos, avoa e neto, forman un sistema lateral
nos nodos
que son polo visto espiña dorsal da sociedade,
lonxe de google
e varios metros por riba do petróleo de merda
que serpea esta cidade camuflado de zara.
Avoa e neto: un binomio estéril na grande
ecuación do universo,
a súa expansión explícase sen eles
a crise resolve sen eles
todo funciona sen eles.
Menos eu.
Dirédesme: que nos importa? Melindres!
Achega algo á causa feminina.
Que achego?
Un fillo varón.
Cambiarías un lugar no Parnaso por el? Pode.
Esquecerías escribir por el? Si.
Rexeitas o tempo masculino, ese tempo de doncelas
e serventas
de secretarias e amas de cría, de lavandeiras e
microeconomistas
de axentes editoriais e mecanógrafas que farían
isto de perlas
a cambio de estar con el?
Rexéitoo.
Rexeito o tempo masculino
non o tempo de muller.Que escribir hei.
Elixes non vestirte na Boutique Posteridade
por velo xogar onda ti como fai agora
lumpemburguesa maldita, ingobernable
occidentala ao noroeste do sur
compresa de sangue arrebolada á pantalla que vos
reflicte?
A pesar de todo, elíxoo.
E o seguinte verso que ía escribir
-mamá, dime se vai ben de sal,
coñezo a súa fórmula química
pero non a proporción en cada prato-
declínoo por lle servir unha cea quente.
E por se fose pouco, un baño.
Que cando vou escribir? Condenádeme.
Benqueridas bastardas da vosa propia estirpe.
Condenádeme a ser unha de vós ou unha
calquera.
Condenámoste. Imbécil, claro que te condenamos.
Xa es unha de nós.
Fai funambulismo para escribir catro liñas ao día
e vixía
que o período non coincida coa inspiración
nin o estado de gravidez coa escritura de tese.
Como fixemos todas, bastarda da letra e,
como todas
co noso pelo torrado polo raio do xenio
bastarda e nai e monte de Venus
como fixemos todas, mullerastras poetastras
madrastas
poetas e compotas
sabendo a cánto vai o quilo de azafrán e o terabyte
de ideas novas
con qué ángulo colgan os nosos peitos e a órbita
terrestre
cántos iogures hai na neveira e na Palestina de
Arendt, cántas nacións.
Xa es unha de nós.
Comprendémoste, cala a boca.
Escribe, lurpia.
de Papel a punto de, 2011
*
| REA |
Comparezco ante el tribunal de escritoras.
Queridas Safo y Virginia, adorada Sei Shonagon
penetrante Simone, no me olvido, ni de
Margaret ni de Marguerite.
María Xosé llega puntual a la cita y toma asiento,
entre Luísa
—quería volverte a ver, perdona— y Rosalía.
Clarice fuma nuestro silencio.
Fleur se dedica a ser elegante como puñal en piel
vuelta.
Sor Juana Inés da un trago al tequila y hace un
gesto: te comprendo.
¿Me comprendéis? Sí, te comprendemos.
¿Habéis tenido hijos? ¿Llevado una casa
una tradición, un ecosistema
una ciencia o una esteatopigia
sobre vuestras espaldas
agitadas de plumas y escotes de ángel?
Algunas llevamos, sí. Otras, no.
¿Somos hermanas, entonces? Lo somos.
No me mintáis. Que os admiro.
Nadie te acusa entre nosotras. ¿Para qué nos
convocas entonces?
Me acuso de vivir viviseccionada
de no poder escribir lo que y cuanto desearía
por sobredosis de carencias.
Me acuso de no parir todavía la gran novela que
prometía a los 12
sino un hijo, algo que, según Jelinek
impide a las mujeres alcanzar el estatus de
verdaderas artistas.
Me acuso de pertenecer a vuestra estirpe
de haberme separado de vosotras,
de la esfera redonda de vuestra concentración,
para mezclar mondas de patatas con teorías de
redes
energía oscura del cosmos profundo con una
superficial vida de provincias
la vergüenza moral de Guantánamo con la
emoción barata
de escuchar perorar a mi niño.
Me acuso de no raparme la cabeza
De depender de los mass media para traspasar el
tiempo.
No viví entre caníbales, Margaret.
No me arrastré por el vodevil parisino, Colette.
Ni cambié de género, Elisa.
Y podría casarme contigo, Ada Lovelace,
Beatriz Preciado, Chantal Maillard.
En el fondo, pude abortar cuando así lo quise.
Y lo reivindiqué con el puño en alto y una matriz
de uranio empobrecido.
Sobrevuelo la vida y aquí me encuentro:
escribo solo gracias a que mi mi madre le lee un
cuento a mi hijo
lee a mi hijo bajo la galaxia Andrómeda
que nos devorará, se dice,
y juntos, abuela y nieto, forman un sistema
lateral en los nodos
que son por lo visto espina dorsal de la sociedad,
lejos de Google y varios metros por encima
del petróleo de mierda que serpentea esta ciudad
camuflado de Zara.
Abuela y nieto: un binomio estéril en la gran
ecuación del universo,
su expansión se explica sin ellos
la crisis se resuelve sin ellos
todo funciona sin ellos.
Menos yo.
Me diréis: ¿qué nos importa? ¡Ñoñerías!
Aporta algo a la causa femenina.
¿Qué aporto? Un hijo varón.
¿Cambiarías un lugar en el Parnaso por él?
Puede.
¿Olvidarías escribir por él? Sí.
¿Rechazas el tiempo masculino,
ese tiempo de doncellas y sirvientas
de secretarias y amas de cría, de lavanderas y
microeconomistas
de agentes editoriales y mecanógrafas que harían
esto de perlas
a cambio de estar con él?
Lo rechazo. Rechazo el tiempo masculino
no el tiempo de mujer. Que escribir, he de
escribir.
¿Eliges no vestirte en la Boutique Posteridad por
verlo jugar a tu lado como hace ahora
lumpemburguesa maldita, ingobernable
occidentala al noroeste del sur
compresa de sangre arrojada a la pantalla que os
refleja?
A pesar de todo, lo elijo.
Y el siguiente verso que iba a escribir
—mamá, dime si va bien de sal,
conozco su fórmula química
pero no la proporción en cada plato—
lo declino por servirle una cena caliente.
Y por si fuera poco, un baño.
¿Que cuándo voy a escribir? Condenadme.
Queridas bastardas de vuestra propia estirpe.
Condenadme a ser una de vosotras o una
cualquiera.
Te condenamos. Imbécil, claro que te condenamos.
Ya eres una de nosotras.
Haz funambulismo para escribir cuatro líneas al
día y vigila
que el periodo no coincida con la inspiración
ni el estado de gravidez con la escritura de tesis.
Como hemos hecho todas, bastarda de la letra y,
como todas
con nuestro pelo achicharrado por el rayo del genio
bastarda y madre y monte de Venus
como hemos hecho todas,
mujerzuelas poetastras madrastras cazuelas y
compotas
sabiendo a cuánto va el kilo de azafrán y el
terabyte de ideas nuevas
con qué ángulo cuelgan nuestros pechos y la órbita
terrestre
cuántos yogures hay en la nevera y en la Palestina
de Arendt, cuántas naciones.
Ya eres una de nosotras.
Te comprendemos, cierra el pico.
Escribe, zorra.
de Papel a punto de, 2011
Sobre a autora:
Estíbaliz Espinosa. Autora galega. Desde hai máis de 25 anos, trenza literatura, ciencia e música. Licenciada en Socioloxía e Filoloxía, a súa formación abrangue o canto lírico, a astronomía e o teatro, ferramentas que pon en xogo para investigar na condición humana e a súa relación co cosmos. Como escritora, publicou máis de oito poemarios (entre eles Curiosidade, As neuronas irmás, Zoommm. Textos biónicos ou número e) e diversos ensaios e obras de divulgación científica, que vinculan a poesía coa astronomía e o pensamento crítico. Colabora con Luzes en PlanetaRio e o Almanaque do Asombro. No ámbito musical, foi membro do Coro da Sinfónica de Galicia e
desenvolve carreira como solista e escritora, tradutora e intérprete de pezas musicais. Como comunicadora e produtora cultural, dirixe proxectos baixo o concepto da “terceira cultura” como Pinte un bisonte na caverna, por favor (2007), Escrita no ceo (2014), Curiosas na Lúa (2018) , Novembro Estelar, Porto ciencia/Porto poema. A Coruña polímata (2023) ou 4 tempos:conversas con ciencia (2026); colabora en medios como CuacFM, a Radio Galega e institucións como o Planetario, a OSG ou o MUNCYT. A súa obra, laureada con recoñecementos como o Esquío ou o Afundación, defende unha ciencia e arte cidadás, feitas desde a marxe e cun ollar curioso de carácter reflexivo. Profesional autónoma e nai soa, a súa traxectoria reflicte un compromiso vitalcoa literatura e a ciencia, coas mulleres e voces eclipsadas e o seu saber
Nota: Os cinco poemas foram traduzidos para castelhano pela autora.











