Entrevista I Javier Martin: “Estamos nun xiro da Historia de radical importancia”
Javier Martín, bailarino e coreógrafo corunhês, emerge na interseção entre a ciência, a filosofia e a arte da dança, transcendendo fronteiras e desafiando categorizações convencionais. Nesta entrevista, exploramos a sua jornada desde os estudos em química e mecânica quântica até a expressão artística da dança. A sua obra, como a recente “Figuras do Limiar“, tece rituais abordando a tecnologia e reflexões sobre a identidade. Martín oferece uma visão fascinante sobre a relação entre corpo e resistência ao turbo-capitalismo, a sabedoria da dança na contemporaneidade. Além disso, aprofunda o seu processo criativo nos seus projetos recentes, como “O punto improprio“, revelando uma busca incessante por novas linguagens e texturas na interseção entre som, movimento e significado. Nesta conversa, Martín destaca a importância da dança como um campo de resistência, um laboratório de experiências e uma expressão coletiva que transcende barreiras culturais e temporais.
Estudaste química e mecânica quântica. Podes contar-nos em que momento fizeste essa deriva para a dança e para a coreografia?
Chego á Danza desde a Ciencia, que segue a ser un importante motor do meu traballo. Cuestións acerca de qué é matéria, a conciencia e porqué necesita artellarse, acompáñanme e sitúan distintos aspectos no discurso das coreografías. Estudando no itinerario da cuántica, os estados de agregación da materia e a súa retórica, empecei a interesarme na filosofía oriental, na psicanálise e na escultura. Naquel tempo pensaba que quizá sería escultor, tamén estudaba Belas Artes nesa altura; pero os asuntos do corpo e do movemento acabaron por inclinar a balanza cara a Danza. Moitas veces penso que na análise que facíamos ao estudar as rupturas nos planos de simetría, os atractores, a quiralidade, a cinética das reaccións químicas ou as dinámicas de fluxo, xa emerxía en min unha mente coreográfica.
Entre a precisão da ciência e a sensibilidade caótica da arte…
O compartimertar do saber e dos seus procesos resulta nun dos grandes males do noso tempo, si. Para entrar en complexidade, e acompañar unha realidade alterna e verdaderamente diversa, contracultural ou contrahexemónica se se quere, toca relacionarse co coñecemento dun modo plural, darse de conta e aceptar a complementariedade dos procesos na institución dos distintos saberes. Hai varias orixes da Arte, como dicía Blanchot, mais da Ciencia tamén.
Como descreverias as tuas coreografias?
Un collage co caos. Un remuíño de afectos, procesos, conceptos e materiais interrelacionados, un vórtice atractor que os mobiliza e mezcla, resultando nunha meditación compartida ou nunha sorte de soño en estado de vigilia. Bailar é unha vibración que se contaxia. Estou moi reconciliado co artefacto teatral, un tempo compartido no que o espectador coa súa intención e a súa atención carga de enerxía o lugar, o teatro, xerándose un campo relacional que se trascende e no que o acontecemento escénico pode darse en atención á coreografía e o seu discurso: diluímonos xuntas na estética da obra, así cada quen pode modular a distancia, e recibir a información que está disposto a escoitar. Entendo a coreografía coma unha tecnoloxía que elabora a conciencia e propón estados alterados da mesma, que organiza diferenzas, cambios, e polo tanto aprendizaxe.
O compartimentar do saber e dos
seus procesos resulta nun dos grandes
males do noso tempo
Normalmente, os teus processos criativos são sempre uma experiência aberta à comunidade, em código aberto. Tornar as tuas obras num organismo vivo com essa urgência de contagiar o outro(s), é fundamental para ti?
Vai por épocas. Houbo momentos de moita intensidade e aprendizaxe compartido, en colectivos ou grupos de investigación. Buscaba un corpo ampliado ou ácrata no que a inferencia acontecese, buscando un movemento participado; e tivo toda unha serie de derivas máis que elocuentes: coma a comprobación dos procesos polos cales a inercia se acumula nos nosos corpos; observando, nos corpos de persoas con intereses, xeografías, idades e culturas do máis diverso, cómo hai asuntos que se repiten, coma fantasmas no estar dos corpos; e cómo as dinámicas propias do organismo humano, purgan tales afectos inerciais homeostáticamente. É moi interesante descubrir cómo se organiza a sensibilidade simbólica nos corpos alén dos procesos culturais específicos, e promover imaxes novas, alternas.
Mas também procuras entre-cruzar com outras sensibilidades artísticas. A música, a video-arte, a poesia…
Estou convencido de que non existe o xesto artístico, ou un xesto propio das artes ou inherente as distintas artes. As operacións intelectuais e estéticas das distintas técnicas son compartidas: non existe o tempo da imaxe no cine, por exemplo, ou un tempo específico da performance, etc; senón que son aspectos compartidos, propios do animal que somos, semellantes a cómo organizamos a nosa sensibilidade, e que adquiren substancia a través do traballo. Polo tanto, as distintas artes esvaecen entre si coas ciencias, as filosofías, etc, para dar lugar a un momento compartido. Todo está relacionado. Eu xogo coas palabras, os sons, os obxectos, os ritmos ou a luz sen establecer xuízos a priori acerca da súa potencia. É moi divertido traballar así, e organiza a complexidade nas coreografías.
Entendo a coreografía coma unha tecnoloxía
que elabora a conciencia e propón estados alterados
da mesma, que organiza diferenzas, cambios,
e polo tanto aprendizaxe
“La exforma”, “Teorema”, “El ansia”, “Soma”, “El punto improprio”… são apenas alguns dos nomes das tuas peças. O cenário é uma espécie de laboratório para ti?
Sen lugar a dúbidas. Si. E o meu corpo tamén. Un lugar de síntesis de movementos que comparto co obxectivo de espelir e acompañármonos de cara a organizar unha ordenación alterna e complexa da experiencia do sensible, pensando xuntas as urxencias e devires propios deste tempo que compartimos. Laboratorio de afectos, de conceptos, a través do movemento. Unha boa coreografía abre o tempo.
O corpo como um campo de resistência contra este turbo-capitalismo?
Si. Pero non todo corpo. Un corpo informado, politizado, comprometido coa oscuridade do seu tempo. Co que está fora de foco. Nesta era aceleracionista, os corpos están cheos de velocidade residual, unha inercia que suspende o desexo, que fragmenta e extrae a nosa atención. A Danza é un espazo de resonancia, no que elaborar unha atención de calidade nos nosos xestos, decisións, modos e relacións. Estamos nun xiro da Historia de radical importancia, e temos que nos facer cargo. Estamos transitando un limiar. Quizais o neoliberalismo sexa unha enfermidade mental colectiva.
Esse corpo que vive cada vez mais numa vertigem, corpos domesticados ou perigosamente controlados pelos ecrãs… Como sobrevivem os afetos neste tempo?
Eu penso que practicando unha ética situada, con límites críticos mais empáticos. Hai que estar moi esperto e organizar as forzas. A virtualización dos corpos -virtual non se opón a real, senón a actual-, que comporta os usos maioritarios das novas tecnoloxías en red, trae consigo habitar un “non tempo” e viaxar mentalmente a gran velocidade nun espazo liso, no senso deleuziano, fascistoide pola súa univocidade imaxinal: unha cámara de eco, que se retroalimenta, a través da cal se extrae atención e traballo, organizando os actos dos corpos ideolóxicamente. Trátase dunha economía libidinal da que participamos acríticamente. Hai outros modos de facer que atoparán maior espazo nese virtual. Pero toca darse conta de qué cousas non están a suceder no cotián por acción dese fluxo imaxinal desbordante mais homoxéneo, colectivizar tales ausencias e atoparnos sen mediacións enaxenantes. Precisamos crear imáxenes alternas, eu penso que máis aló do plano visual; imaxes escenográficas, cinestésicas…
A Danza é un espazo de resonancia,
no que elaborar unha atención
de calidade nos nosos xestos,
decisións, modos e relacións
Entrando um pouco na tua obra “Figuras do Limiar”, é uma obra que recupera de forma muito instigante os rituais, que muitos consideram em perda, e relacionas com o mantra tecnológico. Queres nos contar um pouco do que vai esta obra?
É unha coreografía que reflexiona sobre a idea de atravesar o limiar, vinculado cos ritos de paso. Interesábame específicamente a figura do gardián do limiar, non tanto coma unha presenza que impide o paso senón coma proxección psíquica dos medos da subxectividade, sexa individual ou colectiva, promovendo o labirinto necesario para a transformación. Bailo distintas figuracións deste arquetioo inspiradas no acervo cultural galego, en relación cunha tecnoloxía particular; situando unha meditación acerca de que o devir tecnolóxico actual non é un universal antropolóxico, senón que apenas un dos devires posibles; pois as formas tecnolóxicas son unha expresión cultural, polo tanto están atravesadas de decisións políticas, coñecementos específicos, memorias, relacións co territorio, etc, que circunscriben a súa performatividade. Interésame a tecnoloxía como un modo de elaborar o animal que somos. Hai que pensar o que a tecnoloxía está a facer con nosotros. Nuns días imos de xira a Colombia con este proxecto, gústame que buceando no ruido de fondo da miña cultura local, e abstraéndoa, podo conectar con contextos tan diferentes.
Recuperas inclusive rituais sofistas, segunda afirmas, para desarticular a própria identidade ou esse eu narcísico da nossa atualidade…
O fracaso necesario de todo rito, tal cosa sinala e amosa a Danza. O momento no que un repertorio ritual devén continxente e acontece un baleiro que é principio de cambio para a psique. No que a xestualidade dun rito perde a potencia de transmisión dunha determinada percepción do mundo, da inoculación da súa imaxe. O incendio dunha imaxe do mundo, as cenizas da imaxe é a xestualidade en suspenso; carente do seu poder de significación, devén significación aberta, plural. Darse de conta da inercia dun rito que organiza a subxectividade, é diluir a súa capacidade de acción. Estou fondamente comprometido con xerar procesos de subxectivación que asuman a identidade coma un plural, compor o plural da nosa psique dun modo cada vez máis consistente.
Há toda uma sabedoria que pode aportar muito ao relato da contemporaneidade?
Si. Ahí estamos os coreógrafos e coreógrafas, conscientes de que na cinestesia hai un modo alterno de organización da experiencia sensible que trae modos de estar e de pensar o eu, o outro, o mundo e os seus procesos dunha maneira diferente ao devir hexemónico. En Filosofía tense claro que unha epistemoloxía organiza a ontoloxía, o modo de percibir o mundo articula a imaxe do mesmo. Nun contexto de clara hexemonía do visual, a Danza resulta contrahexemónica.
E a filosofia, neste caso, o pensamento do psicanalista Jacques Lacan, está intimamente relacionada com os teus processos?
Lacan, Freud, Jung… nun comezo, si; agora continúo con outrxs autorxs. Gusto moito da psicanálise porque está a metade de camiño entre a Arte e a Ciencia, sen ser ningunha delas ou sen confundirse con ningunha delas. A psicanálise non é unha Ciencia, non é unha Arte, máis comparte procesos con ambas. As topoloxías lacanianas axudáronme moito a pensar e sentir as relacións semióticas e signos do corpo, cómo organizan a súa intensidade nos tecidos; vincúloas cos atractores complexos da física ou da astronomía, propoñendo modelos moi atinados sobre cómo se encarnan nos corpos as tensións e cómo se producen a si mesmas en fulcros e tantos outros procedementos ou procesos de subxectivación.
É cantando e dançando que o homem se manifesta como pertencendo a uma comunidade superior? Desaprendeu de andar e falar, mas prepara-se para elevar-se, dançando*? (*Frase de Nietzsche)
Bailar a través dos ritmos, non bailar o ritmo: é unha diferencia de radical importancia. Penso que a isto apuntaba Nietzsche nas súas meditacións ao respecto. A Danza, a Poesía, a Arte en definitiva, como un modo de coñecer e crear o mundo ao mesmo tempo. Un proceder que cuestiona os patróns adquiridos, o modo de camiñar inercial, que é un cauce polo cal se informa o corpo subconscientemente. Así funcionan as ideoloxías, pautando os corpos. A Danza desordena os afectos inerciais, revoluciona todo iso.
Tens actuado de forma regular em Portugal. Como galego, como vês estas relações afectivas e de proximidade entre a Galiza e Portugal?
Fermosas e necesarias. Compartimos sensibilidade e xogo. Temos que seguir pensándonos xuntas. Compartimos un contínuo idiomático pero sobretodo un lugar no mundo, unha mente atlántica, de sofisticada ambigüidade, moi contaminada, nómada e inclusiva. Adoro os públicos que compartimos. E os teatros e festivais abertos á contemporaneidade a ambos lados do Minho, que non claudican ás inxerencias institucionais.
A Danza, a Poesía, a Arte en definitiva,
como un modo de coñecer
e crear o mundo ao mesmo tempo
Gostarias de partilhar algum novo projeto em que estás envolvido?
Estreei en Cidade de México esta primavera O punto impropio, unha sorte de A/V que elabora en directo son, imaxe e performance. Estou especialmente orgulloso deste traballo, que levou mais dun ano de investigacións en distintos centros de cultura contemporánea por España, coma Etopía en Zaragoza, ou Portugal, coma o gnration en Braga. Traballamos nunha cámara anecoica, extraendo texturas sonoras do interior do meu corpo, da carne, e que acabaron por conformar o espazo sonoro da obra. Avancei moito nos meus estudos da correlación do son coas texturas de movemento dos tecidos do corpo e da súa biodinámica.
Agora estou a traballar nun novo proceso de obra. Penso que se chamará beltenebros. Unha proposta que investiga no xogo infantil do aforcado, pensando a imaxe cinestésica e os síntomas do corpo disfórico, a través da práctica con exvotos e elaborando novas texturas de movemento, grados no tremer dos corpos que conecten co paradigma organolóxico. Estou empezando tamen unha colaboración coa pianista Haruna Takebe. Quizais acaben misturándose estos dous procesos. Sería estupendo.
http://www.javiermartin.gal/artesdelmovimiento/javiermartin.html